Cabecera 01
Cabecera 02
A continuación do teu fogar...
Cabecera 03
design imagedesign image

Complexo La Milagrosa

Especializado na atención de persoas maiores necesitadas de coidados ou con dependencia, o COMPLEXO XERONTOLÓXICO LA MILAGROSA, consta dun Centro de Día con capacidade para 70 prazas e unha Residencia Xeriátrica con 64 prazas. O COMPLEXO XERONTOLÓXICO LA MILAGROSA, é un dos poucos centros de atención a persoas maiores recoñecido polo MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO como CENTRO DE INVESTIGACIÓN + DESENVOLVEMENTO.

Exteriores del centro

Considerado como un dos Complexos de Atención ás Persoas Maiores máis modernos de Europa, vai destacar entre os demais polo: seu DESEÑO, baseado nas tendencias máis vangardistas de cara a ofrecer os mellores e máis prácticos espazos para as persoas maiores; o seu EQUIPAMENTO, perfectamente adaptado ás necesidades dos seus potenciais usuarios; o seu PERSOAL, altamente cualificado na atención e coidados das persoas maiores; e, por último, pola aplicación das NOVAS TECNOLOXÍAS ao servizo dos seus usuarios. Situado na Avda. de Cádiz, número 5, no antigo edificio do colexio La Milagrosa (detrás da estación de ferrocarril de A Coruña), do que toma o seu nome, que ven de ser totalmente rehabilitado e adaptado aos novos usuarios, dotándoo de amplos espazos e un XARDÍN XERONTOLÓXICO, único no seu xénero e estruturado segundo os canons máis avanzados na atención ambiental aos pacientes maiores.

Centro de día

Inaugurado o día 5 de Novembro de 2001, o Centro Xerontolóxico de Estadías Diurnas La Milagrosa en 70 prazas de atención a persoas maiores, que poden acudir a el, ben en xornada partida de mañá ou de tarde, ben en xornada completa, sendo o seu horario de apertura ao público de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas. Para facilitar o desprazamento dos seus usuarios ao centro, ou desde o mesmo aos seus fogares, o Centro de Día consta de dúas UNIDADES DE TRANSPORTE que diariamente en diferentes horarios realizan varios itinerarios polo municipio de A Coruña, recollendo e deixando xente.

Interiores del centro

O Centro de Día encóntrase dividido en dúas áreas: A PLANTA BAIXA, onde se encontran situadas as salas de terapias de grupo (psicoxeriátrica e polivalente); así como a cociña, catro aseos con ducha adaptados e un baño xeriátrico de asento; e a PRIMEIRA PLANTA na que se encontran as salas de TERAPIA OCUPACIONAL e FISIOTERAPIA, dotadas do máis moderno material clínico e equipamento.

Nesta planta tamén se atopan os despachos de Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía e Educación Social; así como a Biblioteca e a Sala de Telegerontología®. Ademais de catro aseos con ducha xeriátrica.

Residencia Geriátrica

Anexa ao Centro de Estadías Diurnas, co que está comunicado a través de diferentes dependencias, encóntrase a RESIDENCIA XERIÁTRICA, cuxos espazos están distribuídos en catro alturas, o SEMISOTO, onde se atopan os vestiarios masculino e feminino, a lavandería, o almacén da lavandería e o DEPARTAMENTO DE INVESTIGACIÓN e DESENVOLVEMENTO. Na PLANTA BAIXA encóntrase a área de ATENCIÓN ESPECIALIZADA, con catro camas de coidados intensivos, a SALA DE CURAS, un aseo adaptado, a HABITACIÓN DE ILLAMENTO e o DESPACHO MÉDICO. Completan os espazos da planta baixa a sala de visitas, unha sala de terapias, tres habitacións dobres, un despacho polivalente, o despacho da TRABALLADORA SOCIAL, administración e recepción. Na PLANTA PRIMEIRA, o centro dispón de 2 habitacións individuais e 13 habitacións dobres, unha sala polivalente, unha sala de visitas, un control de enfermería, un vestiario e dous aseos adaptados. Na PLANTA SEGUNDA o centro dispón de 15 habitacións dobres, un comedor, o despacho de dirección, un ximnasio para o persoal, un vestiario e dous aseos adaptados. Nesta planta dispón de catro habitacións (8 camas) especiais adaptadas para pacientes con gran dependencia, onde as camas responden ao tipo 'Alzheimer', o baño é por carro móbil con panel de lavado e esterilización independente.

Estrutura e equipamento

O COMPLEXO LA MILAGROSA distínguese pola súa ACCESIBILIDADE TOTAL, desde que o usuario chega ao recinto do aparcadoiro, tanto se ven polos seus propios medios coma se o fai a través da nosa Unidade de Transporte, xa que neste caso o MUELLE DE ACCESO, permite subirse e baixarse da mesma sen necesidade de axuda. Todo o COMPLEXO conta con cables de fibra óptica, existindo acceso a voz e datos desde todas as dependencias, incluso as habitacións dos usuarios.

Consultas del centro

As portas son de tipo 'corrediza' para evitar invadir espazos tanto no seu peche coma apertura, e están dotadas dun mecanismo de apertura por TARXETA, configurada segundo os diferentes permisos outorgados para usuarios, familias, visitas ou persoal. Un sistema de VIDEOSUPERVISIÓN, permite en todo momento ter controlados aos pacientes con risco de autolesión ou produción de danos físicos, facilitándose deste modo a liberdade nos seus movementos e desprazamentos polas instalacións. A SALA DE TELEGERONTOLOGÍA® ao estilo dun 'Call Center', permítenos en todo momento estar conectados con usuarios que dispoñen no seu domicilio da tecnoloxía desenvolvida polo noso centro en colaboración co Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña. Tecnoloxía que lles permite facer VIDEOCONFERENCIA cos nosos profesionais, ademais de realizar ADESTRAMENTO COGNITIVO, por unha aplicación remota denominada TELECOGNITIO® e seguir VIDEOS de contidos relacionados coa saúde e o seu mantemento.

Barra separadora
© Copyright 2006, CGED La Milagrosa.Esta arañeira foi deseñada para unha resolución de 800 x 600.
Derradeira modificación 16/08/2006.